Blog de aula para o alumnado de T.I.C. .Curso 2009-10. Grupos A e B

17/6/10

Notas do 3º trimestre.

As notas do 3º trimestre son as seguintes:

Alex Burés Romero: 6, Mauro Dieste García: 6, Iván Lorenzo collazo: 8, Carlos Rivas Noal: 6, Fernando Sánchez Vidal: 5, Éder Alonso Abeijón: 4, Vanesa Alonso Rei: 6, Batalla Romero: 7, Andoni Farto Romero: 5, Desirée Fernández Gómez: 1, Elena Garrido Miranda: 7, Steven Muñiz Lago: 0, Raquel Muñiz Vázquez: 8, Ángela Neu Fernández: 7, Araceli Nine García: 1, Antía Pimentel Iglesias: 8, Tamara Romero Ruoss: 8, Iésica Sobradelo Tarela: 2, Laura Muñiz Triñanes: 8, Iria Triñanes Otero: 3, Adrián A. Vidal Carou: 5, Samuel Vila Miranda: 6

Nestas notas non se inclúe a práctica 22, que, de xeito voluntario, poderase presentar o día do exame final de xuño (martes día 22, ás 10:30 h.), e contará na nota final.
A este exame deberanse presentar os/as alumnos/as que teñan unha ou máis avaliacións suspensas. Antes de realizar o exame deberán ter publicadas no blog persoal todas as prácticas do curso, (condición indispensable para aprobar a materia). O exame consistirá na realización/repetición de unha ou máis destas prácticas.

14/6/10

PrácTICa 20. Traballo co Inkscape: Nova dun xornal

A proposta para o traballo con Inkscape, consiste na realización da noticia dun avistamento de ovnis no instituto.

A imaxe final simulará a portada dun xornal, e nela deberán aparecer elementos de texto e elementos gráficos, así como a imaxe realizada na última práctica de retoque fotográfico (ovnis).

Unha vez realizado o traballo, debedes de publicalo nunha entrada no blog que se titule "Inkscape: xornal", no que engadiredes unha imaxe do traballo en formato PNG (Portable Network Graphics), despois de exportala no Inkscape.


Debuxo vectorial. Inkscape.

Inkscape é un editor de gráficos vectoriais de código aberto, con capacidades similares ao Illustrator, Freehand ou CorelDraw, usando o estándar da W3C: o formato de arquivo Scalable Vector Graphics (SVG).
As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, traxectorias, texto, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos, etc.
O programa ten múltiples opcións como a posibilidade de manexar formatos de imaxe como PNG, JPG, BMP ou TIFF; sistemas de capas; figuras predeterminadas; etc.
Esta aplicación tamén é capaz de editar en XML, ademais de ter case todas as ferramentas propias de calquera editor de imaxe vectorial.

Descarga de Inkscape: Aquí.
Manual de Inkscape: Aquí. (PDF de Joaquín Herrera Goás)

11/6/10

Imaxe dixital. PrácTICas 18 e 19.








Na práctica 18 debedes realizar unha fotomontaxe na imaxe 6, substituíndo un dos rostros por outro
personaxe diferente, adaptando a resolución, cor, iluminación, etc... Na 19 deberedes realizar unha imaxe simulando un avistamento de un ou varios ovnis sobre o instituto. Os traballos deberanse incluír na mesma entrada do blog persoal de cada alumno/a que a da práctica 17.

10/6/10

Imaxe dixital. GIMP.

GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos coma fotografías. É un programa libre e gratuíto. Está englobado no proxecto GNU (sistema operativo completamente libre).
Gimp é unha alternativa firme, potente e rápida a Photoshop para moitos usos, aínda que non se desenvolveu como un clon del e posúe unha interface bastante diferente.
GIMP le e escribe a maioría dos formatos de ficheiros gráficos, entre eles; jpg, gif, png, pcx, tiff, os de Photoshop, ademais de posuír o seu propio formato de almacenamento de ficheiros, xcf. É capaz de importar ficheiros en pdf. Tamén importa imaxes vectoriais en formato svg creadas, por exemplo, con Inkscape.

GIMP. Aquí podedes descargalo.

1/6/10

Imaxe Dixital. Retoque fotográfico.PrácTICa 17.

Cas imaxes 3, 4 e 5, deberase realizar unha fotocomposición para un cartel publicitario dunha empresa de tatuaxes.
Traballando por capas e a aplicación de sombras situarase a imaxe 4 sobre o fondo 3. Na imaxe 4 simularanse dúas tatuaxes, unha delas deberá ser o debuxo da imaxe 5.
Incluirase un texto alusivo á empresa.
A imaxe final subirase ó blog persoal como entrada nova.


14/5/10

Imaxes. Busca e uso.

Na busca de imaxes para calquera das publicacións en Internet deberás acudir a sitios que che ofrezan imaxes libres de dereitos ou que poidas empregar baixo determinadas condicións como acontece coas licenzas Creative Commons, hai que ser consciente que ao utilizar a ferramenta de busca de imaxes de Google a maioría de resultados teñen copyright e debemos respectar os dereitos de autor.

O Banco de imaxes e sons do Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE), é un banco de imaxes gratuíto e aberto sempre para uso educativo e non comercial.

http://bancoimagenes.isftic.mepsyd.es/


Moitas das imaxes de Wikipedia son de dominio público e pódelas empregar sen problemas porque o seu copyright expirou ou porque foron doadas ao dominio público. A distribución de imaxes faise baixo licenza GNU que establecen que o seu uso é libre.

http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Public_domain_image_resources

Wikimedia Commons tamén inclúe contidos multimedia e imaxes liberadas baixo licenzas libres, imaxes con copyright expirado e de dominio público.

http://commons.wikimedia.org/wiki/Portada

Non esquezas que aínda que o arquivo sexa libre deberás citar Wikipedia ou Wikimedia como fonte para o seu uso.


Creative Commons Search é unha ferramenta que che permitirá buscar imaxes con licenza Creative Commons. Neste portal de busca poderás realizar comodamente buscas en Google, Google Images, Yahoo, Flickr, Blip.tv, Jamendo,Sp inXpress e Wikimedia Commons.
Debes verificar que os resultados que che presenta Creative Commons Search se atopan baixo licenza Creative Commons seguindo os enlaces das imaxes.

http://search.creativecommons.org/

En Flickr podes atopar gran cantidade de imaxes de calidade, algunhas delas con copyright e outras con licenzas Creative Commons. Así que deberás comprobar o tipo de licenza destas.

En http://www.flickr.com/creativecommons/ podes acceder ás imaxes con licenzas Creative Commons organizadas segundo o tipo de licenza.

Existen seis tipos de licenzas Creative Commons:

. Licenza Atribución
. Licencía Atribución-Sin obras derivadas
. Licenza Atribución-No comercial-Sin obras derivadas
. Licenza Atribución-No comercial
. Licenza Atribución-No comercial-Compartir igual
. Licenza Atribución-Compartir igual

Pero... que significan estas condicións de cada tipo de licenza Creative Commons?

Atribución ou recoñecemento (Attribution): Para usar a imaxe débese facer referencia ao seu autor.


Non comercial (Non commercial): A imaxe pódese usar unicamente se non se obtén beneficio económico con ela.

Sen obras derivadas (Non Derivate Works): A imaxe non debe ser alterada de ningunha forma (unha obra derivada é unha obra nova que se obtén a partir da imaxe orixinal, unha nova obra, non unha copia).

Compartir Igual (Share alike): A imaxe pódese usar sempre que se distribúa baixo a mesma licenza que utiliza o autor

Calquera combinación destas condicións é posible; non obstante, a máis común é BY-NC-SA (atribución, non comercial, compartir igual).

Por exemplo, se desexas incluír unha imaxe por exemplo nun blog ou nunha presentación poderías empregar as seguintes licenzas Creative Commons:

. Licenza Atribución
. Licencía Atribución-Obras non derivadas
. Licenza Atribución-Non comercial-Obras non derivadas
. Licenza Atribución-Non comercial
. Licenza Atribución-Non comercial-Compartir igual
. Licenza Atribución-Compartir igual

Segundo a licenza que teña a imaxe terás que respectar o formato orixinal desta, non empregala con fins comerciais ou compartila baixo a mesma licenza, todo depende das condicións que se establecen.
Se desexas editar unha imaxe, terás que restrinxir a túa busca unicamente ás licenzas que permiten as obras derivadas, por exemplo, se a túa intención é empregar o Gimp para facer unha fotocomposición con esa imaxe, unicamente poderías empregar as seguintes licenzas respectando as diferentes condicións particulares de cada unha.

. Licenza Atribución
. Licenza Atribución-Non Comercial
. Licenza Atribución - Non comercial - Compartir igual
. Licenza Atribución - Compartir igual

No caso de que necesites unha imaxe para uso comercial, a túa busca debería restrinxirse ás seguintes licenzas:

. Licenza Atribución
. Licenza Atribución - Compartir igual


Por exemplo, a seguinte imaxe de Flickr ten unha licenza:





O cal significa que teño que facer referencia ao autor da imaxe, que non podo empregala para fins comerciais e que debo compartila baixo a mesma licenza.

Se empregas unha imaxe Creative Commons non esquezas nunca incluír o texto de atribución en calquera traballo que leves a cabo empregando esa imaxe, deberás citar a fonte e inserir un vínculo ó autor das mesma.

En Flickr tamén podemos atopar tamén unha sección denominada "The Commons" que ten como obxectivo crear un banco de imaxes de dominio público de patrimonio universal.

http://www.flickr.com/commons/

Existen bos buscadores como Compfight, que nos aforrará moito tempo na tarefa de busca de imaxes en Flickr con licenza Creative Commons. Para iso debemos activar "Only" na opción de Creative Commons, para que unicamente nos mostre imaxes que se comparten con esta licenza, ou "Commercial", para obter imaxes que poidan usarse con fins comerciais.

http://compfight.com/

Imaxes. Donde e como.

28/4/10

PrácTICa 16.

O traballo da práctica 16 con GoAnimate debe ser publicado nunha entrada nova -"Traballo con GoAnimate"- do propio blog de cada alumno/a. Nesta entrada a animación deberá ir acompañada dun texto sobre o tema, materia ou unidade didáctica escollida e as explicacións que cada un/ha considere oportunas. Así mesmo deberá incluír un enlace ó traballo realizado no citado programa online.
A data límite de presentación do traballo é o luns 3 de abril de 2010.

6/4/10

Uso das redes sociais.

Sabías que o 10% do tempo que pasamos en Internet é utilizando redes sociais?. Ou que os usuarios de Tuenti adícanlle 80 minutos diarios?. En 2004, cando se creou Facebook, contaba con 1 millón de usuarios, cinco anos mais tarde pasa dos 350 millóns. Das catro palabras máis buscadas de internet, tres son redes sociais.

Son as redes sociais unha moda, unha tendencia ou unha revolución?.

Este interesante vídeo publicado pola Agencia 101 apórtanos datos cuantitativos sobre as principais redes sociais e a súa situación.



21/3/10

GoAnimate. Para crear animacións de xeito sinxelo.

GoAnimate é un sitio web onde podemos facer historietas animadas e ademais nos permite compartilas de xeito sinxelo.

Para empezar, podemos elixir o personaxe de entre os xa creados ou empezar de cero. Os personaxes son abundantes e totalmente personalizables. Podemos mesmo agregar a nosa cara ou calquera foto nun debuxo animado.

GoAnimate ofrécenos características tan sinxelas para facer unha breve historieta como ferramentas máis avanzadas

Non é necesario ter un coñecemento técnico ou avanzado de ningún software de animación, o único realmente necesario é a creatividade. O sitio proporciónanos unha boa cantidade de personaxes, fondos, utilería, efectos de son e música para crear as nosas propias animacións.

Os elementos dispoñibles son temas, set de personaxes, bocadillos para diálogos con diferentes formas, fondos, temas musicais e efectos sonoros e visuais. Tamén podemos subir material propio como imaxes de caras coñecidas ou persoais, para colocar dentro do escenario e agregarllo ao corpo dun personaxe.

Para a animación propiamente dita podemos elixir entre unha variedade de expresións faciais e accións que cada personaxe pode realizar.

Ao final cada creación podémola compartir a través dun número de sitios como Facebook e MySpace.
Si queremos compartir a nosa animación con todos os usuarios, podemos colocar a animación de xeito público. Ou privado se soamente nós queremos ter acceso. En caso de ser pública, os usuarios poderán votar e comentar.

É preciso rexistrarse para poder facer as animacións. Podedes utilizar a conta de correo electrónico de Gmail de clase.

Enlace: GoAnimate

GoAnimate.com: Traballo GoAnimate by repolo


Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

14/3/10

Sobre a prácTICa 14.

Os traballos realizados para a práctica 14 sobre as Redes Sociais, son, na inmensa maioría traballos moi pobres para o nivel no que estamos traballando. Lémbrovos que vos pedía un traballo no que elaborárades unha redacción coa vosa opinión persoal, analizando as posibilidades, beneficios ou perigos que consideredes, expoñendo claramente os argumentos, razoando e coidando o vocabulario, a sintaxe e a ortografía.
Todos os traballos carecen de profundidade e dunha calidade mínima para o nivel de 1º de bacharelato.
Semellan ser pequenos comentarios para "saír do paso" sen reflexión, orde nin argumentación de ningún tipo.
Seguides a cometer imperdoables erros ortográficos. Son imperdoables porque realizades o traballo nun soporte que vos permite revisar e corrixir automaticamente.
Os erros de tecleado -falta de espazos, palabras incompletas ou con letras de máis- así coma os erros de puntuación, corríxense relendo o texto redactado.
Copiar e pegar un texto ou artigo realizado por outra persoa para un traballo de clase, e máis nun traballo de redacción persoal coma este, ademáis de ser deshonesto e indecente, é un plaxio -infracción do dereito de autor- e equivale a copiar nun exame.
A continuación a relación de alumnos/as que deberían corrixir, reescribir ou repetir a práctica 14, xa que non acadan un mínimo calidade para ser avaliados, ampliando, argumentando ou simplemente realizando un traballo propio. En calquera caso, todos deberades revisar e corrixir a ortografía dos vosos traballos, xa que en todas as redaccións hai numerosos erros.

Alex Burés Romero
Mauro Dieste García
Carlos Rivas Noal.
Vanesa Alonso Rey
Andoni Farto Romero.
Desirée Fernández Gómez
Steven Muñiz Lago
Raquel Muñiz Vázquez
Araceli Nine García
Iria Triñanes Otero
Adrián A. Vidal Carou
Samuel Vila Miranda.

4/3/10

Unha recomendación e un exemplo

As diapositivas da túa presentación deben ser visuais, cada unha cunha mensaxe clara e tan pouco texto como sexa posible. Salvo que sexa absolutamente necesario, convén evitar esas listas de viñetas que fan que leamos o que aparece nas diapositivas e que acaban aburrindo á nosa audiencia.

Aquí temos un exemplo de presentación que trata o tema da seguridade informática no fogar, a maioría dos puntos ou viñetas aparecen enmascaradas de formas variadas para que non sexan repetitivas nin aburran ao noso público. Desta forma a presentación resulta máis dinámica, máis visual e máis memorable.


A arte da Presentación

Como se debe preparar unha presentación? que cousas debemos formularnos antes de lanzarnos a traballar co programa?

A arte da presentación é un interesante material elaborado por Alberto de la Vega e Eduardo Simón de la Fuente que nos ensina a utilizar dunha forma máis correcta a nosa ferramenta de presentacións favorita (PowerPoint, Impress ou Keynote), orientándonos sobre o deseño das diapositivas nas que se baseará o noso discurso para que o que dicimos de palabra quede mellor gravado na retina do noso público grazas ao apoio visual.

Na documentación encontraredes ideas para a preparación das vosas presentacións, o deseño das diapositivas, a exposición ante a audiencia, ademais de recursos adicionais.


3/3/10

O portátil do futuro

Imaxinades como serán os ordenadores portátiles nun futuro non moi lonxano?.

Unha idea:

O estado de Internet

O estado de Internet, é un vídeo que mostra as estatísticas sobre o estado da rede a finais de 2009. A difusión das redes sociais, Twitter, Facebook, Youtube, Flickr, número de usuarios, webs, blogs, correos electrónicos enviados, propagación de virus, troianos, spam...

JESS3 / The State of The Internet from Jesse Thomas on Vimeo.


2/3/10

Profes Vs Alumnos

Un vídeo, creación e cortesía do profe Pascual, para urgar na ferida:

Profesores VS Alumnos from Pascual Vidal on Vimeo.