Blog de aula para o alumnado de T.I.C. .Curso 2009-10. Grupos A e B

Mostrando entradas con la etiqueta prácTICas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prácTICas. Mostrar todas las entradas

14/6/10

PrácTICa 20. Traballo co Inkscape: Nova dun xornal

A proposta para o traballo con Inkscape, consiste na realización da noticia dun avistamento de ovnis no instituto.

A imaxe final simulará a portada dun xornal, e nela deberán aparecer elementos de texto e elementos gráficos, así como a imaxe realizada na última práctica de retoque fotográfico (ovnis).

Unha vez realizado o traballo, debedes de publicalo nunha entrada no blog que se titule "Inkscape: xornal", no que engadiredes unha imaxe do traballo en formato PNG (Portable Network Graphics), despois de exportala no Inkscape.


11/6/10

Imaxe dixital. PrácTICas 18 e 19.








Na práctica 18 debedes realizar unha fotomontaxe na imaxe 6, substituíndo un dos rostros por outro
personaxe diferente, adaptando a resolución, cor, iluminación, etc... Na 19 deberedes realizar unha imaxe simulando un avistamento de un ou varios ovnis sobre o instituto. Os traballos deberanse incluír na mesma entrada do blog persoal de cada alumno/a que a da práctica 17.

1/6/10

Imaxe Dixital. Retoque fotográfico.PrácTICa 17.

Cas imaxes 3, 4 e 5, deberase realizar unha fotocomposición para un cartel publicitario dunha empresa de tatuaxes.
Traballando por capas e a aplicación de sombras situarase a imaxe 4 sobre o fondo 3. Na imaxe 4 simularanse dúas tatuaxes, unha delas deberá ser o debuxo da imaxe 5.
Incluirase un texto alusivo á empresa.
A imaxe final subirase ó blog persoal como entrada nova.


28/4/10

PrácTICa 16.

O traballo da práctica 16 con GoAnimate debe ser publicado nunha entrada nova -"Traballo con GoAnimate"- do propio blog de cada alumno/a. Nesta entrada a animación deberá ir acompañada dun texto sobre o tema, materia ou unidade didáctica escollida e as explicacións que cada un/ha considere oportunas. Así mesmo deberá incluír un enlace ó traballo realizado no citado programa online.
A data límite de presentación do traballo é o luns 3 de abril de 2010.

21/3/10

GoAnimate. Para crear animacións de xeito sinxelo.

GoAnimate é un sitio web onde podemos facer historietas animadas e ademais nos permite compartilas de xeito sinxelo.

Para empezar, podemos elixir o personaxe de entre os xa creados ou empezar de cero. Os personaxes son abundantes e totalmente personalizables. Podemos mesmo agregar a nosa cara ou calquera foto nun debuxo animado.

GoAnimate ofrécenos características tan sinxelas para facer unha breve historieta como ferramentas máis avanzadas

Non é necesario ter un coñecemento técnico ou avanzado de ningún software de animación, o único realmente necesario é a creatividade. O sitio proporciónanos unha boa cantidade de personaxes, fondos, utilería, efectos de son e música para crear as nosas propias animacións.

Os elementos dispoñibles son temas, set de personaxes, bocadillos para diálogos con diferentes formas, fondos, temas musicais e efectos sonoros e visuais. Tamén podemos subir material propio como imaxes de caras coñecidas ou persoais, para colocar dentro do escenario e agregarllo ao corpo dun personaxe.

Para a animación propiamente dita podemos elixir entre unha variedade de expresións faciais e accións que cada personaxe pode realizar.

Ao final cada creación podémola compartir a través dun número de sitios como Facebook e MySpace.
Si queremos compartir a nosa animación con todos os usuarios, podemos colocar a animación de xeito público. Ou privado se soamente nós queremos ter acceso. En caso de ser pública, os usuarios poderán votar e comentar.

É preciso rexistrarse para poder facer as animacións. Podedes utilizar a conta de correo electrónico de Gmail de clase.

Enlace: GoAnimate

GoAnimate.com: Traballo GoAnimate by repolo


Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

14/3/10

Sobre a prácTICa 14.

Os traballos realizados para a práctica 14 sobre as Redes Sociais, son, na inmensa maioría traballos moi pobres para o nivel no que estamos traballando. Lémbrovos que vos pedía un traballo no que elaborárades unha redacción coa vosa opinión persoal, analizando as posibilidades, beneficios ou perigos que consideredes, expoñendo claramente os argumentos, razoando e coidando o vocabulario, a sintaxe e a ortografía.
Todos os traballos carecen de profundidade e dunha calidade mínima para o nivel de 1º de bacharelato.
Semellan ser pequenos comentarios para "saír do paso" sen reflexión, orde nin argumentación de ningún tipo.
Seguides a cometer imperdoables erros ortográficos. Son imperdoables porque realizades o traballo nun soporte que vos permite revisar e corrixir automaticamente.
Os erros de tecleado -falta de espazos, palabras incompletas ou con letras de máis- así coma os erros de puntuación, corríxense relendo o texto redactado.
Copiar e pegar un texto ou artigo realizado por outra persoa para un traballo de clase, e máis nun traballo de redacción persoal coma este, ademáis de ser deshonesto e indecente, é un plaxio -infracción do dereito de autor- e equivale a copiar nun exame.
A continuación a relación de alumnos/as que deberían corrixir, reescribir ou repetir a práctica 14, xa que non acadan un mínimo calidade para ser avaliados, ampliando, argumentando ou simplemente realizando un traballo propio. En calquera caso, todos deberades revisar e corrixir a ortografía dos vosos traballos, xa que en todas as redaccións hai numerosos erros.

Alex Burés Romero
Mauro Dieste García
Carlos Rivas Noal.
Vanesa Alonso Rey
Andoni Farto Romero.
Desirée Fernández Gómez
Steven Muñiz Lago
Raquel Muñiz Vázquez
Araceli Nine García
Iria Triñanes Otero
Adrián A. Vidal Carou
Samuel Vila Miranda.

4/3/10

Unha recomendación e un exemplo

As diapositivas da túa presentación deben ser visuais, cada unha cunha mensaxe clara e tan pouco texto como sexa posible. Salvo que sexa absolutamente necesario, convén evitar esas listas de viñetas que fan que leamos o que aparece nas diapositivas e que acaban aburrindo á nosa audiencia.

Aquí temos un exemplo de presentación que trata o tema da seguridade informática no fogar, a maioría dos puntos ou viñetas aparecen enmascaradas de formas variadas para que non sexan repetitivas nin aburran ao noso público. Desta forma a presentación resulta máis dinámica, máis visual e máis memorable.


A arte da Presentación

Como se debe preparar unha presentación? que cousas debemos formularnos antes de lanzarnos a traballar co programa?

A arte da presentación é un interesante material elaborado por Alberto de la Vega e Eduardo Simón de la Fuente que nos ensina a utilizar dunha forma máis correcta a nosa ferramenta de presentacións favorita (PowerPoint, Impress ou Keynote), orientándonos sobre o deseño das diapositivas nas que se baseará o noso discurso para que o que dicimos de palabra quede mellor gravado na retina do noso público grazas ao apoio visual.

Na documentación encontraredes ideas para a preparación das vosas presentacións, o deseño das diapositivas, a exposición ante a audiencia, ademais de recursos adicionais.


24/2/10

Publicación da prácTICa 15.

Unha vez realizada a presentación sobre o tema que vos tocou, deberedes publicala nos vosos respectivos blogs.
Para isto imos utilizar un portal web chamado Slideshare que nos axudará na publicación.
A continuación unha presentación de Slideshare que nos amosa os pasos a seguir para subir e colgala nas nosas páxinas:


19/2/10

PrácTICas. 15. Presentación.

PRÁCTICA DE PRESENTACIÓN EN IMPRESS DE OPENOFFICE.

Esta práctica consiste na realización dunha presentación co programa Impress de OpenOffice, de un tema da programación da materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo.
Os temas das presentacións e o reparto é o seguinte:

- CAMBIO CLIMÁTICO: Alex Burés Romero e Adrián Batalla Romero

- ENERXÍAS RENOVABLES: Desirée Fernández Gómez e Iria Triñanes Otero

- O PROBLEMA DA AUGA: Iván Lorenzo collazo e Carlos Rivas Noal.

- O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Mauro Dieste García e Samuel Vila Miranda.

- ORGANISMOS MODIFICADOS XENETICAMENTE: Fernando Sánchez Vidal e Éder Alonso Abeijón.

- AS CÉLULAS NAI: Araceli Nine García e Iésica Sobradelo Tarela.

- ENFERMIDADES INFECCIOSAS DO SÉCULO XXI. A SIDA , TUBERCULOSE, MALARIA, ÉBOLA: Elena Garrido Miranda e Ángela Neu Fernández.

- HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES: Vanesa Alonso Rey e Andoni Farto Romero.

- EVOLUCIÓN: Antía Pimentel Iglesias e Laura Muñiz Triñanes.

- ASTRONOMÍA: Raquel Muñiz Vázquez e Tamara Romero Ruoss.

- NANOTECNOLOXÍA: Steven Muñiz Lago e Adrián A. Vidal Carou.

A vindeira semana adicaremos unhas sesións á analizar a estructura e realización dunha presentación e á utilidade e aplicación do programa.

De momento quedádevos con estas ideas xerais a ter en conta á hora de realizar unha presentación:

O primeiro que deberá preocuparnos é a audiencia á que vai dirixida a presentación. Que perfil ten: idade, nivel social e cultural... Que espera da presentación: entreterse un pouco, obter datos precisos, que as explicacións sírvanlle para solucionar un problema, etc. Que coñecemento ten do tema: non sabe nada, é un experto na materia,ten unha vaga referencia...

Todo isto axudará a definir o obxectivo da presentación:
Que imos explicar.En que nos debemos centrar.Con que finalidade.

Partindo destas premisas, o seguinte é preparar a estrutura da presentación, que debería seguir a seguinte formulación:
Introdución, na que se destacarán os obxectivos e puntos crave da presentaciónDesenvolvemento de cada un dos puntos.
Peche, coas conclusións que responden ás preguntas ou dúbidas iniciais.

A continuación, os seguintes pasos de cara á exposición púbica serán:
Preparar o discurso anotando os temas a tratar.
Facer un guión co que imos dicir.Se o cremos conveniente ou é necesario para unha mellor comprensión, preparar unha documentación completa para entregar ós participantes.
Dispoñer o material de apoio.
Ensaiar a presentación.

17/2/10

OpenOffice. Suite ofimática libre.

OpenOffice.org é unha suite ofimática -recompilación de programas utilizados en oficinas que serve para diferentes funcións- de software libre e código aberto de distribución gratuíta. OpenOffice posúe as características normais de todo procesador de texto, folla de cálculo, programa de presentacións, debuxo vectorial e base de datos similares ao Microsoft Office 2003, a suite ofimática de Microsoft e algunhas características adicionais. Le e escribe os documentos no seu formato nativo, que é ademas unha norma internacional ISO OpenDocument, co que é doado o intercambio de documentos con moitos outros programas, e pode ser utilizado sen custo ningún. Está dispoñible para moitas plataformas como Microsoft Windows e sistemas de tipo Unix como GNU/Linux, BSD, Solaris e Mac OS X. OpenOffice está pensado para ser altamente compatible con Microsoft Office, con quen compite.


Impress é o programa de presentación co que traballaremos en clase na práctica que estades a realizar actualmente, é similar a Microsoft PowerPoint ou Keynote de Apple. Pode exportar presentacións ao formato SWF, permitindo que se reproduza en calquera computadora cun reprodutor de Flash instalado. Tamén inclúe a capacidade de crear arquivos PDF, e a capacidade de ler arquivos de Microsoft PowerPoint (ppt). O seu formato orixinal é ODP.

Para descargar a última versión: Aquí

Amplio e completo manual OpenOffice Impress: Aquí

13/1/10

PrácTICas. 14. Redes sociais.

Xa visionada a reportaxe "Redes sociales, quiero ser tu amigo.".¿Que opinión tes ti ó respecto?. Debes elaborar unha redacción na que te posiciones respecto ás redes sociais que coñezas ou utilices, analizando o uso que lle das habitualmente e as posibilidades, beneficios e perigos que encerran.

Se non usas ningunha rede social, faino baseándote no visto na reportaxe.

(Podes acceder ó documental aquí, en caso de que queiras volver a visionalo por cortesía de DocumaníaTV).

Coma sempre, debes razoar e expoñer claramente os teus argumentos, coidando o vocabulario, a ortografía, gramática, etc...

Debes usar o procesador de textos de Google Docs, gardar e compartir o documento con: franblancoalcaide.barranha@gmail.com. Así mesmo, deberás publicar o texto no teu blog de clase.

O prazo para realizar a práctica remata o 21/1/2010


.

20/12/09

Notas do primeiro trimestre

Na conta de Gmail persoal de clase tendes un correo con unha serie de apuntes e consideracións respecto das actividades realizadas neste trimestre que remata. Comentarios en xeral para todos e todas e, en particular para cada un/unha de vos, así como a nota deste trimestre.

25/11/09

PrácTICas. 13. Colaboración na Wikipedia.

Nesta actividade deberedes facer unha ou varias colaboracións coa Wikipedia ou Galipedia.

As colaboracións poden ir dende completar algún artigo, a crear artigos novos, traducir artigos, engadir imaxes ou contidos multimedia libres de dereitos, etc...

As colaboracións poden ser sobre cousas do voso entorno ou parroquia, festas, acontecementos, área de interese, afición, etc...

Ollo. A wikipedia non é unha páxina calquera na que opinar sen mais. Hai que ser serios e exhaustivos e utilizar a guía de estilo da mesma. Así que antes de facer nada permanente é importante familiarizarse co funcionamento da wikipedia nunha área de proba para experimentar antes de facer algo definitivo.

Antes de comezar a escribir, tomádevos un tempo para ler, especialmente algunhas destas seccións.

Galipedia: Como colaborar

Wikipedia: Cómo colaborar

Antes de publicar a colaboración deberedes publicala no voso blog e comunicarllo ó profesor mediante un comentario nesta mesma entrada. É recomendable redactar os artigos nun procesador de texto e realizar as correccións correspondentes antes de calquera publicación.

En resumo:

- Redactades un artigo novo para unha posterior colaboración en Wikipedia ou galipedia. Debedes buscar a información xa existente ó respecto.

- Publicades o escrito no propio blog, para que permaneza íntegro sen que outros usuarios wiki poidan modificalo. Cando o publiquedes no blog engadiredes un comentario nesta mesma entrada do blog de clase cun enlace á entrada correspondente do voso blog, indicade nome e apelidos.

- Hai que facer unha contribución á wikipedia, como usuario rexistrado da mesma.

- A colaboración que fagades publicádela no voso blog nunha nova entrada, cun enlace á wikipedia onde se atope a vosa colaboración.


Atención, os traballos que sexan eliminados ou bloqueados por administradores da Wikipedia non contarán como traballo feito de cara a nota. Unha entrada eliminada significa que hai que facer outra. (E ten que durar todo o primeiro trimestre).

PrácTICas. 12. A verdade según Wikipedia.

O pasado xoves 19 de novembro, estivemos vendo en clase o documental “A verdade según Wikipedia”. Neste documental amosábanse diferentes puntos de vista e opinións de expertos no tema.

No voso correo persoal de clase tendes unha mensaxe con algunhas desas opinións recollidas do documental. Debedes expresar a vosa opinión respecto de cada unha delas razoando e argumentando as respostas.

Tendes que redactar as respostas e envialas por correo electrónico a franblancoalcaide.barranha@gmail.com

8/11/09

PrácTICas. 11. Conexións do PC.

Acompañando este texto temos unha imaxe do “traseiro” dun modelo de PC de sobremesa semellante ós que utilizades na clase, na que se amosan as diferentes conexiós.
Hai un conxunto, a placa, na que se xuntan diferentes tipos. Destas conexións debedes buscar información na rede. Recordade as opcións de busca (busca con varias palabras, delimitar busca, busca avanzada...).
Cando atopedes a información debedes respostar ó correo que tedes na vosa conta gmail de clase. Neste correo vai adxunto un documento sobre a placa, que tedes que reenviar correctamente respostado e indicando o asunto (Respostas PrácTICa 11).

18/10/09

PrácTICas. 10.

Incrustar un vídeo no blog.

Nesta práctica o primeiro que debemos facer é buscar información na rede sobre o sistema de animación stop motion.

Posteriormente deberemos redactar e publicar unha entrada no blog sobre a información atopada e un vídeo de youtube realizado co sistema de stop motion incrustado na entrada acompañando o texto.

Para a incrustación do vídeo no blog o único que temos que facer é copiar o código que aparece na páxina do vídeo en Youtube en embed e pegalo na nova entrada de blogger, no lugar onde queiramos que vaia o vídeo.

14/10/09

prácTICas. 9.


Ver mapa más grande

Mapas
A práctica consiste en incluir no blog personal un mapa.
Busca en “Google maps” a rúa ou lugar no que vives.
Na parte superior dereita da pantalla aparece o termo “enlazar”. Aquí temos dúas opcións: A url do mapa (que aparece en primeiro lugar), ou o código HTML para insertar nun sitio web.
Debaixo da segunda opción temos a posibilidade de ver unha vista previa e personalizar a presentación do mapa (tamaño, vista satélite…).

12/10/09

PrácTICas. 8

Lista de blogs e contador web.

No blog persoal da materia, cada alumno e alumna deberá incluír unha lista de enlaces cos blogs dos compañeiros/as de clase.
(Acceder – Diseño – Elementos de la página – Añadir un Gatdget – Lista de Blogs/Lista de enlaces)
Tamén incluirá un contador web.
Un contador web é un programa informático que indica o número de visitantes que unha determinada páxina web recibe. Unha vez configurado, estes contadores incrementaranse un a un tras cada visita á páxina.
Blogger, polo de agora, non ofrece esta ferramenta pero existen diferentes páxinas nas que poder obtela gratis. Un exemplo é
contadorweb
Pódese seleccionar un contador de entre un curto, pero suficiente, catálogo de contadores de visitas. Selecciona o máis axeitado ó deseño da túa páxina.
Na mesma páxina tes as instrucións para instalar o contador en Blogspot.

4/10/09

PrácTICas. 7.

CREACIÓN DUN BLOG PERSONAL.

Cada alumno e alumna creará o seu propio blog personal con Blogger.

Blogger , é unha ferramenta gratuíta de Google para crear blogs , que ademais , non necesita nada mais que seguir uns cantos pasos polo noso navegador, cos que teremos o noso blog listo , tamén do mesmo xeito que con blogger existen outros sitios onde crear o noso blog.

O profesor explicará o procedemento na aula.

De tódolos xeitos deixo o seguinte enlace de un tutorial no que se explican todos os pasos para a creación do blog para quen o precise.

http://docs.google.com/fileview?id=0B0rYUKDE9VQrMWQ4YzY4ODgtOWI0Ni00NWIxLWIyMmQtNzcwZDk1ZTdlYThl&hl=en

Tamén un video: