Na busca de imaxes para calquera das publicacións en Internet deberás acudir a sitios que che ofrezan
imaxes libres de dereitos ou que poidas empregar baixo determinadas condicións como acontece coas licenzas
Creative Commons, hai que ser consciente que ao utilizar a ferramenta de busca de imaxes de Google a maioría de resultados teñen copyright e debemos respectar os dereitos de autor.
O
Banco de imaxes e sons do Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE), é un banco de imaxes gratuíto e aberto sempre para uso educativo e non comercial.
http://bancoimagenes.isftic.mepsyd.es/Moitas das imaxes de Wikipedia son de dominio público e pódelas empregar sen problemas porque o seu copyright expirou ou porque foron doadas ao dominio público. A distribución de imaxes faise baixo licenza
GNU que establecen que o seu uso é libre.
http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Public_domain_image_resourcesWikimedia Commons tamén inclúe contidos multimedia e imaxes liberadas baixo licenzas libres, imaxes con copyright expirado e de dominio público.
http://commons.wikimedia.org/wiki/PortadaNon esquezas que aínda que o arquivo sexa libre deberás citar Wikipedia ou Wikimedia como fonte para o seu uso.
Creative Commons Search é unha ferramenta que che permitirá buscar imaxes con licenza Creative Commons. Neste portal de busca poderás realizar comodamente buscas en Google, Google Images, Yahoo, Flickr, Blip.tv, Jamendo,Sp inXpress e Wikimedia Commons.
Debes verificar que os resultados que che presenta Creative Commons Search se atopan baixo licenza Creative Commons seguindo os enlaces das imaxes.
http://search.creativecommons.org/En
Flickr podes atopar gran cantidade de imaxes de calidade, algunhas delas con copyright e outras con licenzas Creative Commons. Así que deberás comprobar o tipo de licenza destas.
En
http://www.flickr.com/creativecommons/ podes acceder ás imaxes con licenzas Creative Commons organizadas segundo o tipo de licenza.
Existen seis tipos de licenzas Creative Commons:
. Licenza Atribución
. Licencía Atribución-Sin obras derivadas
. Licenza Atribución-No comercial-Sin obras derivadas
. Licenza Atribución-No comercial
. Licenza Atribución-No comercial-Compartir igual
. Licenza Atribución-Compartir igual
Pero... que significan estas condicións de cada tipo de licenza Creative Commons?

Atribución ou recoñecemento (Attribution): Para usar a imaxe débese facer referencia ao seu autor.

Non comercial (Non commercial): A imaxe pódese usar unicamente se non se obtén beneficio económico con ela.

Sen obras derivadas (Non Derivate Works): A imaxe non debe ser alterada de ningunha forma (unha obra derivada é unha obra nova que se obtén a partir da imaxe orixinal, unha nova obra, non unha copia).

Compartir Igual (Share alike): A imaxe pódese usar sempre que se distribúa baixo a mesma licenza que utiliza o autor
Calquera combinación destas condicións é posible; non obstante, a máis común é BY-NC-SA (atribución, non comercial, compartir igual).
Por exemplo, se desexas incluír unha imaxe por exemplo nun blog ou nunha presentación poderías empregar as seguintes licenzas Creative Commons:
. Licenza Atribución
. Licencía Atribución-Obras non derivadas
. Licenza Atribución-Non comercial-Obras non derivadas
. Licenza Atribución-Non comercial
. Licenza Atribución-Non comercial-Compartir igual
. Licenza Atribución-Compartir igual
Segundo a licenza que teña a imaxe terás que respectar o formato orixinal desta, non empregala con fins comerciais ou compartila baixo a mesma licenza, todo depende das condicións que se establecen.
Se desexas editar unha imaxe, terás que restrinxir a túa busca unicamente ás licenzas que permiten as obras derivadas, por exemplo, se a túa intención é empregar o Gimp para facer unha fotocomposición con esa imaxe, unicamente poderías empregar as seguintes licenzas respectando as diferentes condicións particulares de cada unha.
. Licenza Atribución
. Licenza Atribución-Non Comercial
. Licenza Atribución - Non comercial - Compartir igual
. Licenza Atribución - Compartir igual
No caso de que necesites unha imaxe para uso comercial, a túa busca debería restrinxirse ás seguintes licenzas:
. Licenza Atribución
. Licenza Atribución - Compartir igual
Por exemplo, a seguinte imaxe de Flickr ten unha licenza:

O cal significa que teño que facer referencia ao autor da imaxe, que non podo empregala para fins comerciais e que debo compartila baixo a mesma licenza.
Se empregas unha imaxe Creative Commons non esquezas nunca incluír o texto de atribución en calquera traballo que leves a cabo empregando esa imaxe, deberás citar a fonte e inserir un vínculo ó autor das mesma.
En Flickr tamén podemos atopar tamén unha sección denominada "
The Commons" que ten como obxectivo crear un banco de imaxes de dominio público de patrimonio universal.
http://www.flickr.com/commons/Existen bos buscadores como
Compfight, que nos aforrará moito tempo na tarefa de busca de imaxes en Flickr con licenza Creative Commons. Para iso debemos activar "
Only" na opción de Creative Commons, para que unicamente nos mostre imaxes que se comparten con esta licenza, ou "
Commercial", para obter imaxes que poidan usarse con fins comerciais.
http://compfight.com/