Blog de aula para o alumnado de T.I.C. .Curso 2009-10. Grupos A e B

21/3/10

GoAnimate. Para crear animacións de xeito sinxelo.

GoAnimate é un sitio web onde podemos facer historietas animadas e ademais nos permite compartilas de xeito sinxelo.

Para empezar, podemos elixir o personaxe de entre os xa creados ou empezar de cero. Os personaxes son abundantes e totalmente personalizables. Podemos mesmo agregar a nosa cara ou calquera foto nun debuxo animado.

GoAnimate ofrécenos características tan sinxelas para facer unha breve historieta como ferramentas máis avanzadas

Non é necesario ter un coñecemento técnico ou avanzado de ningún software de animación, o único realmente necesario é a creatividade. O sitio proporciónanos unha boa cantidade de personaxes, fondos, utilería, efectos de son e música para crear as nosas propias animacións.

Os elementos dispoñibles son temas, set de personaxes, bocadillos para diálogos con diferentes formas, fondos, temas musicais e efectos sonoros e visuais. Tamén podemos subir material propio como imaxes de caras coñecidas ou persoais, para colocar dentro do escenario e agregarllo ao corpo dun personaxe.

Para a animación propiamente dita podemos elixir entre unha variedade de expresións faciais e accións que cada personaxe pode realizar.

Ao final cada creación podémola compartir a través dun número de sitios como Facebook e MySpace.
Si queremos compartir a nosa animación con todos os usuarios, podemos colocar a animación de xeito público. Ou privado se soamente nós queremos ter acceso. En caso de ser pública, os usuarios poderán votar e comentar.

É preciso rexistrarse para poder facer as animacións. Podedes utilizar a conta de correo electrónico de Gmail de clase.

Enlace: GoAnimate

GoAnimate.com: Traballo GoAnimate by repolo


Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

14/3/10

Sobre a prácTICa 14.

Os traballos realizados para a práctica 14 sobre as Redes Sociais, son, na inmensa maioría traballos moi pobres para o nivel no que estamos traballando. Lémbrovos que vos pedía un traballo no que elaborárades unha redacción coa vosa opinión persoal, analizando as posibilidades, beneficios ou perigos que consideredes, expoñendo claramente os argumentos, razoando e coidando o vocabulario, a sintaxe e a ortografía.
Todos os traballos carecen de profundidade e dunha calidade mínima para o nivel de 1º de bacharelato.
Semellan ser pequenos comentarios para "saír do paso" sen reflexión, orde nin argumentación de ningún tipo.
Seguides a cometer imperdoables erros ortográficos. Son imperdoables porque realizades o traballo nun soporte que vos permite revisar e corrixir automaticamente.
Os erros de tecleado -falta de espazos, palabras incompletas ou con letras de máis- así coma os erros de puntuación, corríxense relendo o texto redactado.
Copiar e pegar un texto ou artigo realizado por outra persoa para un traballo de clase, e máis nun traballo de redacción persoal coma este, ademáis de ser deshonesto e indecente, é un plaxio -infracción do dereito de autor- e equivale a copiar nun exame.
A continuación a relación de alumnos/as que deberían corrixir, reescribir ou repetir a práctica 14, xa que non acadan un mínimo calidade para ser avaliados, ampliando, argumentando ou simplemente realizando un traballo propio. En calquera caso, todos deberades revisar e corrixir a ortografía dos vosos traballos, xa que en todas as redaccións hai numerosos erros.

Alex Burés Romero
Mauro Dieste García
Carlos Rivas Noal.
Vanesa Alonso Rey
Andoni Farto Romero.
Desirée Fernández Gómez
Steven Muñiz Lago
Raquel Muñiz Vázquez
Araceli Nine García
Iria Triñanes Otero
Adrián A. Vidal Carou
Samuel Vila Miranda.

4/3/10

Unha recomendación e un exemplo

As diapositivas da túa presentación deben ser visuais, cada unha cunha mensaxe clara e tan pouco texto como sexa posible. Salvo que sexa absolutamente necesario, convén evitar esas listas de viñetas que fan que leamos o que aparece nas diapositivas e que acaban aburrindo á nosa audiencia.

Aquí temos un exemplo de presentación que trata o tema da seguridade informática no fogar, a maioría dos puntos ou viñetas aparecen enmascaradas de formas variadas para que non sexan repetitivas nin aburran ao noso público. Desta forma a presentación resulta máis dinámica, máis visual e máis memorable.


A arte da Presentación

Como se debe preparar unha presentación? que cousas debemos formularnos antes de lanzarnos a traballar co programa?

A arte da presentación é un interesante material elaborado por Alberto de la Vega e Eduardo Simón de la Fuente que nos ensina a utilizar dunha forma máis correcta a nosa ferramenta de presentacións favorita (PowerPoint, Impress ou Keynote), orientándonos sobre o deseño das diapositivas nas que se baseará o noso discurso para que o que dicimos de palabra quede mellor gravado na retina do noso público grazas ao apoio visual.

Na documentación encontraredes ideas para a preparación das vosas presentacións, o deseño das diapositivas, a exposición ante a audiencia, ademais de recursos adicionais.


3/3/10

O portátil do futuro

Imaxinades como serán os ordenadores portátiles nun futuro non moi lonxano?.

Unha idea:

O estado de Internet

O estado de Internet, é un vídeo que mostra as estatísticas sobre o estado da rede a finais de 2009. A difusión das redes sociais, Twitter, Facebook, Youtube, Flickr, número de usuarios, webs, blogs, correos electrónicos enviados, propagación de virus, troianos, spam...

JESS3 / The State of The Internet from Jesse Thomas on Vimeo.


2/3/10

Profes Vs Alumnos

Un vídeo, creación e cortesía do profe Pascual, para urgar na ferida:

Profesores VS Alumnos from Pascual Vidal on Vimeo.