Blog de aula para o alumnado de T.I.C. .Curso 2009-10. Grupos A e B

27/10/09

Myspace text generator.

Myspace text generator
Xenerador de texto animado bastante atractivo. Para colocar en Blog o webs.

Buscadores

Para buscar e atopar en Internet normalmente só se necesita un buscador. Como xa vimos a principio de curso, o máis utilizado con diferenza é Google. Pero non só existe este buscador, temos outras opcións como Yahoo, Altavista, Hispavista, Lycos, Ask ou Bing e outros buscadores especializados. Debemos coñecelos así como as diferentes opcións de busca que nos proporcionan.
Sistemas de busca. Os buscadores dispoñen de dous sistemas de busca de información, mediante o emprego de palabras claves ou buscando nun directorio por temas.
A primeira opción de busca consiste en escribir unha ou varias palabras e pulsar Intro ou o botón de busca. Este é o sistema de procura máis directo, especialmente cando buscamos algo moi concreto. Case todo Internet está en Google. É cuestión de atopar as palabras axeitadas.

En ocasións é preciso efectuar varias probas con distintas combinacións de palabras. Podemos realizar unha busca escribindo unha palabra relacionada coa información que buscamos. Debemos escribir unha palabra especialmente relevante. Outra opción é marcar Buscar só páxinas en español, así limitamos a opción de busca entre as páxinas en idioma castelán. A páxina cos resultados móstranos as primeiras opcións. Se non atopamos a páxina que buscamos entre as primeiras que aparecen pulsamos sobre Seguinte.

Buscar con varias palabras.
A procura cunha soa palabra adoita dar como resultado moitos miles de posibles páxinas. Para concretar máis a procura adóitanse utilizar varias palabras. A maior parte das buscas que realizamos son empregando varias palabras á vez. Para atopar algo concreto o mellor é escribir varias palabras ben relacionadas coa información que desexamos. Por exemplo, se estamos interesado na cría do camarón escribimos na caixa do buscador cría camarón Se non atopamos entre as primeiras páxinas a dirección que buscamos o mellor é restar palabras de busca para atopar menos páxinas pero máis relacionadas co tema que nos interesa.

Delimitar a busca.
Colocando o signo "-" diante dunha palabra eliminamos da procura esa palabra. Deste xeito na lista non aparecen as páxinas que inclúen a palabra que engadimos co signo menos. Para eliminar as páxinas de flamenco que fan referencia ao cantante de flamenco chamado Camarón poñemos -flamenco. Este buscador clasifica as páxinas por importancia. Tamén presenta primeiro as páxinas onde as palabras aparecen xuntas ou máis perto.

Obtemos os mesmos resultados escribindo todo en minúsculas que se poñemos maiúsculas.
O buscador tamén adoita ignorar os termos superfluos como http. .com e certas expresións que non axudan a definir a busca. O buscador ignora as palabras que por ser demasiado numerosas (o, a, de, el, la…) non melloran a busca. Aínda que en ocasións interesa atopar unha frase completa.
Para buscar exactamente unha frase ou o nome dunha persoa poñemos aspas (“”). Por exemplo "miguel de cervantes" . Deste xeito só aparecen páxinas onde estas palabras aparecen xuntas. Tamén é útil para a procura de ditos ou refráns populares.

Traducir as páxinas que atopamos en outros idiomas.
Podemos buscar información en toda a Rede, de forma que atopamos páxinas que nos interesan en varios idiomas. Google dispón dun programa tradutor automático.
A tradución non é tan boa como a que realiza unha persoa que coñeza o idioma pero pode servirnos para entender o documento.

Busca avanzada.
Dende a primeira páxina dos buscadores podemos acceder ao formulario para Busca Avanzada. Pulsamos sobre o enlace que se atopa xunto a caixa de busca. Aparécenos un formulario de busca avanzada. Podemos seleccionar as palabras que teñen que aparecer sempre nos documentos escribíndoas na caixa de todas. Se queremos buscar unha persoa, unha frase, un refrán, escribímolo no recadro da frase exacta. Se buscamos páxinas nas que apareza indistintamente unha palabra ou outra, escribímola con algunha das palabras. Para excluír certas palabras da procura escribímola sen as palabras. Por exemplo se queremos atopar información sobre pintura pero desexamos excluir os impresionistas escribimos impresionistas na caixa de sen as palabras. Podemos seleccionar o tipo ou formato de documento. Por exemplo se só desexamos documentos en PDF que son fáciles de imprimir seleccionamos Adobe Acrobat PDF.
A procura de imaxes tamén conta cunha opción de busca avanzada.
Outra opción de busca en Internet é utilizar un buscador especializado no tema que nos interesa.

Nitrohaul. Deseña un vehiculo de transporte.

Nitrohaul é un interesante xogo no que tes que deseñar un vehículo capaz de transportar caixas sen que se caian e avanzar ata o final do mapa perdendo a menor cantidade posible. Pon a proba o teu enxeño.

www.physicsgames.net/game/Nitrohaul.html

Dous videos para ver e reflexionar

Creados polo grupo Digital Ethnography da Universidade de Kansas.



18/10/09

PrácTICas. 10.

Incrustar un vídeo no blog.

Nesta práctica o primeiro que debemos facer é buscar información na rede sobre o sistema de animación stop motion.

Posteriormente deberemos redactar e publicar unha entrada no blog sobre a información atopada e un vídeo de youtube realizado co sistema de stop motion incrustado na entrada acompañando o texto.

Para a incrustación do vídeo no blog o único que temos que facer é copiar o código que aparece na páxina do vídeo en Youtube en embed e pegalo na nova entrada de blogger, no lugar onde queiramos que vaia o vídeo.

14/10/09

prácTICas. 9.


Ver mapa más grande

Mapas
A práctica consiste en incluir no blog personal un mapa.
Busca en “Google maps” a rúa ou lugar no que vives.
Na parte superior dereita da pantalla aparece o termo “enlazar”. Aquí temos dúas opcións: A url do mapa (que aparece en primeiro lugar), ou o código HTML para insertar nun sitio web.
Debaixo da segunda opción temos a posibilidade de ver unha vista previa e personalizar a presentación do mapa (tamaño, vista satélite…).

12/10/09

PrácTICas. 8

Lista de blogs e contador web.

No blog persoal da materia, cada alumno e alumna deberá incluír unha lista de enlaces cos blogs dos compañeiros/as de clase.
(Acceder – Diseño – Elementos de la página – Añadir un Gatdget – Lista de Blogs/Lista de enlaces)
Tamén incluirá un contador web.
Un contador web é un programa informático que indica o número de visitantes que unha determinada páxina web recibe. Unha vez configurado, estes contadores incrementaranse un a un tras cada visita á páxina.
Blogger, polo de agora, non ofrece esta ferramenta pero existen diferentes páxinas nas que poder obtela gratis. Un exemplo é
contadorweb
Pódese seleccionar un contador de entre un curto, pero suficiente, catálogo de contadores de visitas. Selecciona o máis axeitado ó deseño da túa páxina.
Na mesma páxina tes as instrucións para instalar o contador en Blogspot.

4/10/09

PrácTICas. 7.

CREACIÓN DUN BLOG PERSONAL.

Cada alumno e alumna creará o seu propio blog personal con Blogger.

Blogger , é unha ferramenta gratuíta de Google para crear blogs , que ademais , non necesita nada mais que seguir uns cantos pasos polo noso navegador, cos que teremos o noso blog listo , tamén do mesmo xeito que con blogger existen outros sitios onde crear o noso blog.

O profesor explicará o procedemento na aula.

De tódolos xeitos deixo o seguinte enlace de un tutorial no que se explican todos os pasos para a creación do blog para quen o precise.

http://docs.google.com/fileview?id=0B0rYUKDE9VQrMWQ4YzY4ODgtOWI0Ni00NWIxLWIyMmQtNzcwZDk1ZTdlYThl&hl=en

Tamén un video:


O WEBLOG

Un Weblog ((do inglés web + log (“log” en inglés = diario) )), blog, bitácora (en referencia ós cadernos dos barcos) ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.

Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada
blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores, etc.
Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos weblogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os weblogs dende un programa á parte.

Tamén se diferencian no seu soporte económico: os sitios de noticias ou xornais dixitais adoitan estar administrados por profesionais, mentres que os weblogs son principalmente persoais e aínda que nalgúns casos poden estar incluídos dentro dun xornal dixital ou ser un blog corporativo, adoitan estar escritos por un autor ou autores determinados que manteñen habitualmente a súa propia identidade. Un aspecto importante dos weblogs é a súa interactividade, especialmente en comparación a páxinas web tradicionais. Dado que se actualizan frecuentemente e permiten aos visitantes responder ás entradas, os blogs funcionan a miúdo como ferramentas sociais, para coñecer a persoas que se dedican a temas similares; co cal en moitas ocasións chegan a ser considerados como unha comunidade

Crear e manter un weblog non é dificil, posto que hoxe en día existe unha grande cantidade de ferramentas gratuitas para levar weblogs. Moitas permiten, sen ter coñecementos técnicos, administrar todo o weblog, escribir, editar e borrar as publicacións, moderar os comentarios dos lectores, etc. As ferramentas máis coñecidas deste tipo son Movable Type, Textpattern e Greymatter. Tamén hai páxinas on-line que permiten facer todo isto sen necesidade de baixar nada. As ferramentas on-line máis coñecidas son Blogger, TypePad e Pitas.

As ferramentas que proporcionan aloxamento gratuíto asignan ao usuario unha dirección web (por exemplo, no caso de Blogger, a dirección asignada termina en "blogspot.com", e provenlle dunha interfaz, a través da cal pode engadir e editar contido. Con todo, a funcionalidade dun blog creado cunha destas ferramentas limítase ao que poida ofrecer o provedor do servizo, ou hosting.
Un software que xestione o contido, en tanto, require necesariamente dun servidor propio para ser instalado, do modo en que se fai nun sitio web tradicional. A súa gran vantaxe é que permite control total sobre a funcionalidade que ofrecerá o blog, permitindo así adaptalo totalmente ás necesidades do sitio, e ata combinalo con outros tipos de contido.

Unha das primeiras páxinas web foi un weblog onde Tim Berners-Lee, un dos pais de internet, publicaba un pequeno comentario das novas páxinas webs que ían aparecendo. Ainda así, non se pode falar de weblogs até o ano 1997, que foi cando Jorn Barger inventou o termo weblog. Coa saída dos novos servizos como Blogger ou Pitas o número de weblogs aumentou moito. Non se sabe con certeza cal é o número total de weblogs existentes, sobre todo a partir dos anos 2002, 2003 e 2004 que foron os anos onde houbo un "estourido" de weblogs. A principio do ano 2004 calculábanse o seu número en máis de 8 millóns.

Algunhas variantes de weblogs son os fotoblogs, onde os webloggers publican imaxes, os vlogs ou videoblogs, onde os webloggers publican vídeos, os audioblogs, onde os webloggers publican gravacións sonoras, e os moblogs, onde os webloggers publican dende un teléfono móbil. O autor dun blog pode inclinarse por máis dunha destas variantes.

Os weblogs en galego tiveron o seu auxe no 2004 de onde pasaron de ter só uns 20 weblogs aproximadamente a principios de ano, a ter 300 weblogs aproximadamente a finais de ano. O blogomillo é o termo que engloba ao colectivo de todos os weblogs en galego.


Glosario:


Entrada: entrega, posteo ou asento: a unidade de publicación dunha bitácora. En inglés chámaselle "post" ou "entry".

Borrador: é unha entrada ingresada ao sistema de publicación, pero que aínda non se publicou. Xeralmente óptase por gardar unha entrada como borrador cando se pensa corrixila ou ampliala antes de publicala. En inglés chámaselle "draft".

Fotolog ou fotoblog: unión de foto e blog, blog fotográfico.

Bloguero: escritor de publicacións para formato de blog. É común o uso do termo inglés orixinal: "blogger".

Comentarios: son as entradas que poden facer os/as visitantes do blog, onde deixan opinións sobre a nota escrita polo\/a autor/a. En inglés chámaselle "comments".

Plantilla: Documento que contén pautas de deseño pre-codificado de uso sinxelo. En inglés chámaselle "template". Estas plantillas, que habitualmente utilizan follas de estilo en cascada -CSS-, poden ser modificadas na maioría dos casos polos propios usuarios e adaptados ás súas necesidades ou gustos.

Bloguear: acción de publicar mensaxes en weblogs.

Blogosfera: conxunto de blogs agrupados por algún criterio específico (localización, temática, idioma). Por exemplo: blogosfera hispana, blogósfera chilena ou a blogosfera política. O termo foi acuñado en 2002 por William Quick.

Blogonimia: Investigación da orixe dos nomes con que os blogueros ou donos das bitácoras bautizaron as súas blogs.

Blogalifóbica: cualificativo que se aplica a aquelas empresas ou organizacións que non aceptan que os seus empregados teñan blogs. Como a palabra indica, sería unha fobia aos blogs. Susténtase no medo a que no blog aparezan informacións que poidan danar a imaxe dunha empresa, ou que prexudiquen aos seus beneficios...

Tumblelog: blog de apuntes, esbozos, citas ou enlaces sen esixencias de edición, nin completitud. Non admiten comentarios, etiquetas ou categorías. Teñen un aire neoweb 1.0.