Blog de aula para o alumnado de T.I.C. .Curso 2009-10. Grupos A e B

25/1/10

Xtranormal: se podes ecribir, podes facer películas.

Xtranormal é unha ferramenta gratuíta para crear e compartir animacións 3D, para crear pequenas historias ou o que queiras que fagan os teus pequenos actores que creas con esta aplicación.

O editor de clips funciona como un storyboard no que arrastras os cambios na historia. Así, por exemplo, nunha escena podes facer que a cámara se achegue ao actor principal, facer que sorría ou que entre en conversación con outro, logo podes facelo enfadarse e achegar a cámara para captar o momento.

Podes engadir mais personaxes, cambiar os fondos, mover o ángulo da cámara...

Esta aplicación é totalmente gratuíta, de feito non necesitas sequera rexistrarte para empezar a túa creación, pero se queres gardala ou compartila é necesario rexistrarse no sistema.

Para crear a túa historia só terás que escribir o guión (incluíndo ángulos de cámara, diálogos e mesmo expresións faciais) que as túas personaxes se encargarán de interpretar.

Basicamente, escollemos entre a opción de un ou dous actores e comezamos a escribir os seus diálogos a man (unha voz electrónica encargarase de lelos, aínda que non traballa ben se o idioma é distinto do inglés). Podemos complementar estes diálogos elixindo o escenario en que se desenvolverá a acción, a música, o son ambiente e os ángulos de cámara. Se non temos ganas de complicarnos, abonda elixir a opción "Magicam" que colocará a cámara automaticamente.

Despois chega o momento de enriquecer os diálogos, engadindo expresións faciais a cada frase, arrastrando unha especie de emoticonos dentro das caixas de texto. Así mesmo, se queremos engadir outras accións, como movementos dos personaxes, tamén o faremos arrastrando iconos dentro da súa caixa de diálogo, como o icono da silueta para indicar se queremos que faga algún xesto ou movemento.

E por último, unha vez finalizada a nosa obra, podemos compartila en todo tipo de redes sociais.


19/1/10

CIVIBALLS. Un xogo para pensar.

Xogo de física onde poderás recorrer varias civilizacións como a Exipcia, Grega ou a Chinesa completando diferentes fases. O obxectivo do xogo é moi sinxelo,debes cortar as cadeas ás bolas para que caian nos seus respectivos xarróns.
Terás que usar a coordinación, lóxica e habilidade para poder superar todos os niveis.

13/1/10

PrácTICas. 14. Redes sociais.

Xa visionada a reportaxe "Redes sociales, quiero ser tu amigo.".¿Que opinión tes ti ó respecto?. Debes elaborar unha redacción na que te posiciones respecto ás redes sociais que coñezas ou utilices, analizando o uso que lle das habitualmente e as posibilidades, beneficios e perigos que encerran.

Se non usas ningunha rede social, faino baseándote no visto na reportaxe.

(Podes acceder ó documental aquí, en caso de que queiras volver a visionalo por cortesía de DocumaníaTV).

Coma sempre, debes razoar e expoñer claramente os teus argumentos, coidando o vocabulario, a ortografía, gramática, etc...

Debes usar o procesador de textos de Google Docs, gardar e compartir o documento con: franblancoalcaide.barranha@gmail.com. Así mesmo, deberás publicar o texto no teu blog de clase.

O prazo para realizar a práctica remata o 21/1/2010


.

10/1/10

Suites ofimáticas on line. Google Docs.

Unha Suite ofimática é un conxunto de aplicacións para o seu uso en entornos de oficina, profesionais, ou incluso domésticos. Acostuma incluír programas de edición de textos, follas de cálculo, de presentacións, xestión de correo, de contactos e un navegador.

Unha suite ofimática on line permite todo o anterior, pero accedendo á información de xeito remoto, esteamos onde esteamos, e, con vantaxes engadidas, como a posibilidade de edición multiusuario ou acceso a revisións anteriores do mesmo documento.

O exemplo máis notorio son as suites de Google, das que cabe destacar GoogleDocs, coa que teremos acceso a documentos de texto, de folla de cálculo ou presentacións (serían os irmáns online de Word, Excel e Powerpoint de MS Office).

Os documentos estarán sempre dispoñibles na Internet para o seu uso en calquera ordenador.

Google Docs permítenos traballar tanto con novos documentos como ficheiros xa existentes. Os arquivos creados quedan gardados na internet para seguir traballando con eles ou consultalos cando queira, tamén pode ser descargados a calquera ordenador en diversos formatos (Word e PDF, entre outros).

Ademais, permitir a outros usuarios ler ou participar na elaboración do documento, o que facilita o traballo colaborativo sen ter que enviar arquivos vía correo electrónico e saber que temos sempre a última versión de cada documento.

Para utilizar Google Docs temos que ser usuarios de Google. Darse de alta é gratuíto.

Os documentos que creamos en Google Docs se poden organizar en carpetas diferentes. Temos tamén un motor de busca para localizar rapidamente calquera documento que conteña a información que está a procurar.

Despois de abrir o documento, podemos ir traballar con el dun xeito moi semellante ao que facemos cos programas Word, Excel ou PowerPoint. Se precisamos de outras persoas para traballar sobre este documento, nós só temos que compartir con eles. Para isto, escribimos o seu enderezo de e-mail para convida-los a participar, o que poden facer coma colaboradores (con permiso para editar os documentos), ou simplemente como lectores.

Google Docs permite a publicación directa na internet do documento que creamos. Google Docs ofrece a posibilidade de publicar no seu propio servizo (proporciona un enderezo para que poidamos compartir con outros usuarios) ou no noso blog.

Tamén podemos traballar con documentos creados e que temos no noso equipo. Neste caso, Google Docs permite subida de arquivos de texto de ata 500 KB (creado co Word ou StarOffice), presentacións de PowerPoint ata 10 MB e follas de cálculo (ficheiros de Microsoft Excel ou dentro CSV,. Ods ) a un máximo de 1 MB.

Outra opción ofrecida por Google Docs para crear un novo documento é enviar un correo electrónico a un enderezo proporcionado polo equipo de implementación.

Google Docs garda automaticamente cada poucos segundos, os documentos creados polos usuarios.