Blog de aula para o alumnado de T.I.C. .Curso 2009-10. Grupos A e B

25/11/09

PrácTICas. 13. Colaboración na Wikipedia.

Nesta actividade deberedes facer unha ou varias colaboracións coa Wikipedia ou Galipedia.

As colaboracións poden ir dende completar algún artigo, a crear artigos novos, traducir artigos, engadir imaxes ou contidos multimedia libres de dereitos, etc...

As colaboracións poden ser sobre cousas do voso entorno ou parroquia, festas, acontecementos, área de interese, afición, etc...

Ollo. A wikipedia non é unha páxina calquera na que opinar sen mais. Hai que ser serios e exhaustivos e utilizar a guía de estilo da mesma. Así que antes de facer nada permanente é importante familiarizarse co funcionamento da wikipedia nunha área de proba para experimentar antes de facer algo definitivo.

Antes de comezar a escribir, tomádevos un tempo para ler, especialmente algunhas destas seccións.

Galipedia: Como colaborar

Wikipedia: Cómo colaborar

Antes de publicar a colaboración deberedes publicala no voso blog e comunicarllo ó profesor mediante un comentario nesta mesma entrada. É recomendable redactar os artigos nun procesador de texto e realizar as correccións correspondentes antes de calquera publicación.

En resumo:

- Redactades un artigo novo para unha posterior colaboración en Wikipedia ou galipedia. Debedes buscar a información xa existente ó respecto.

- Publicades o escrito no propio blog, para que permaneza íntegro sen que outros usuarios wiki poidan modificalo. Cando o publiquedes no blog engadiredes un comentario nesta mesma entrada do blog de clase cun enlace á entrada correspondente do voso blog, indicade nome e apelidos.

- Hai que facer unha contribución á wikipedia, como usuario rexistrado da mesma.

- A colaboración que fagades publicádela no voso blog nunha nova entrada, cun enlace á wikipedia onde se atope a vosa colaboración.


Atención, os traballos que sexan eliminados ou bloqueados por administradores da Wikipedia non contarán como traballo feito de cara a nota. Unha entrada eliminada significa que hai que facer outra. (E ten que durar todo o primeiro trimestre).

20 comentarios:

  1. Xa publiquei no meu blog a entrada da practica 13.
    como colaboración para a Galipedia.

    ResponderEliminar
  2. profe xa publiquei no meu blog o traballo!
    un saudo

    ResponderEliminar
  3. xa revisei a ortografía do meu traballo.
    un saudo

    ResponderEliminar
  4. xa fixen a entrada do traballo

    ResponderEliminar
  5. Xa fixen a miña entrada no blog

    ResponderEliminar
  6. ya publique la entrada del trabajo de la practica 13

    ResponderEliminar
  7. Publicado
    http://pt.wikipedia.org/wiki/Cespon

    ResponderEliminar
  8. Fernando Sánchez Vidal xa publicou o seu artigo no seu blog, pode vostede visualizalo facendo click no enlace.

    Un cordial saúdo do seu alumno.

    ResponderEliminar
  9. xa publiquei na entrada o artigo

    ResponderEliminar
  10. xa publiquei na galipedia o meu traballo do blog"NEIXÓN"

    ResponderEliminar
  11. Xa fixen a miña entrada no blog

    ResponderEliminar
  12. Haber mestre...
    O choio ese que mandastes en wikipedia xa o teño publicado no meu maravilloso blog de TIC.
    Cando podas ou che apeceza vaite por ali,que xa está pajo!
    Un saudo do teu aplicado alumno Éder Alonso Abeijón

    ResponderEliminar
  13. Profe ya publiqué mi entrada en el blog !

    ResponderEliminar
  14. Profe!
    xa públiquei na Wikipedia o meu artigo sobre Abanqueiro.
    Un saudo!

    ResponderEliminar
  15. xa publiquei o artigo en galipedia.

    http://gl.wikipedia.org/wiki/Romar%C3%ADa_de_Neix%C3%B3n

    ResponderEliminar
  16. xa publiquei a miña entrada de galipedia(práctica 13)no meu blogger!!
    un saúdo!!

    ResponderEliminar
  17. xa fixen a entrada no blog

    ResponderEliminar
  18. xa fixen a eentrada no blogg

    ResponderEliminar