Blog de aula para o alumnado de T.I.C. .Curso 2009-10. Grupos A e B

25/1/10

Xtranormal: se podes ecribir, podes facer películas.

Xtranormal é unha ferramenta gratuíta para crear e compartir animacións 3D, para crear pequenas historias ou o que queiras que fagan os teus pequenos actores que creas con esta aplicación.

O editor de clips funciona como un storyboard no que arrastras os cambios na historia. Así, por exemplo, nunha escena podes facer que a cámara se achegue ao actor principal, facer que sorría ou que entre en conversación con outro, logo podes facelo enfadarse e achegar a cámara para captar o momento.

Podes engadir mais personaxes, cambiar os fondos, mover o ángulo da cámara...

Esta aplicación é totalmente gratuíta, de feito non necesitas sequera rexistrarte para empezar a túa creación, pero se queres gardala ou compartila é necesario rexistrarse no sistema.

Para crear a túa historia só terás que escribir o guión (incluíndo ángulos de cámara, diálogos e mesmo expresións faciais) que as túas personaxes se encargarán de interpretar.

Basicamente, escollemos entre a opción de un ou dous actores e comezamos a escribir os seus diálogos a man (unha voz electrónica encargarase de lelos, aínda que non traballa ben se o idioma é distinto do inglés). Podemos complementar estes diálogos elixindo o escenario en que se desenvolverá a acción, a música, o son ambiente e os ángulos de cámara. Se non temos ganas de complicarnos, abonda elixir a opción "Magicam" que colocará a cámara automaticamente.

Despois chega o momento de enriquecer os diálogos, engadindo expresións faciais a cada frase, arrastrando unha especie de emoticonos dentro das caixas de texto. Así mesmo, se queremos engadir outras accións, como movementos dos personaxes, tamén o faremos arrastrando iconos dentro da súa caixa de diálogo, como o icono da silueta para indicar se queremos que faga algún xesto ou movemento.

E por último, unha vez finalizada a nosa obra, podemos compartila en todo tipo de redes sociais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario