O Banco de imaxes e sons do Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE), é un banco de imaxes gratuíto e aberto sempre para uso educativo e non comercial.
http://bancoimagenes.isftic.mepsyd.es/
Moitas das imaxes de Wikipedia son de dominio público e pódelas empregar sen problemas porque o seu copyright expirou ou porque foron doadas ao dominio público. A distribución de imaxes faise baixo licenza GNU que establecen que o seu uso é libre.
http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Public_domain_image_resources
Wikimedia Commons tamén inclúe contidos multimedia e imaxes liberadas baixo licenzas libres, imaxes con copyright expirado e de dominio público.
http://commons.wikimedia.org/wiki/Portada
Non esquezas que aínda que o arquivo sexa libre deberás citar Wikipedia ou Wikimedia como fonte para o seu uso.
Creative Commons Search é unha ferramenta que che permitirá buscar imaxes con licenza Creative Commons. Neste portal de busca poderás realizar comodamente buscas en Google, Google Images, Yahoo, Flickr, Blip.tv, Jamendo,Sp inXpress e Wikimedia Commons.
Debes verificar que os resultados que che presenta Creative Commons Search se atopan baixo licenza Creative Commons seguindo os enlaces das imaxes.
http://search.creativecommons.org/
En Flickr podes atopar gran cantidade de imaxes de calidade, algunhas delas con copyright e outras con licenzas Creative Commons. Así que deberás comprobar o tipo de licenza destas.
En http://www.flickr.com/creativecommons/ podes acceder ás imaxes con licenzas Creative Commons organizadas segundo o tipo de licenza.
Existen seis tipos de licenzas Creative Commons:
. Licenza Atribución
. Licencía Atribución-Sin obras derivadas
. Licenza Atribución-No comercial-Sin obras derivadas
. Licenza Atribución-No comercial
. Licenza Atribución-No comercial-Compartir igual
. Licenza Atribución-Compartir igual
Pero... que significan estas condicións de cada tipo de licenza Creative Commons?




Calquera combinación destas condicións é posible; non obstante, a máis común é BY-NC-SA (atribución, non comercial, compartir igual).
Por exemplo, se desexas incluír unha imaxe por exemplo nun blog ou nunha presentación poderías empregar as seguintes licenzas Creative Commons:
. Licenza Atribución
. Licencía Atribución-Obras non derivadas
. Licenza Atribución-Non comercial-Obras non derivadas
. Licenza Atribución-Non comercial
. Licenza Atribución-Non comercial-Compartir igual
. Licenza Atribución-Compartir igual
Segundo a licenza que teña a imaxe terás que respectar o formato orixinal desta, non empregala con fins comerciais ou compartila baixo a mesma licenza, todo depende das condicións que se establecen.
Se desexas editar unha imaxe, terás que restrinxir a túa busca unicamente ás licenzas que permiten as obras derivadas, por exemplo, se a túa intención é empregar o Gimp para facer unha fotocomposición con esa imaxe, unicamente poderías empregar as seguintes licenzas respectando as diferentes condicións particulares de cada unha.
. Licenza Atribución
. Licenza Atribución-Non Comercial
. Licenza Atribución - Non comercial - Compartir igual
. Licenza Atribución - Compartir igual
No caso de que necesites unha imaxe para uso comercial, a túa busca debería restrinxirse ás seguintes licenzas:
. Licenza Atribución
. Licenza Atribución - Compartir igual
Por exemplo, a seguinte imaxe de Flickr ten unha licenza:

O cal significa que teño que facer referencia ao autor da imaxe, que non podo empregala para fins comerciais e que debo compartila baixo a mesma licenza.
Se empregas unha imaxe Creative Commons non esquezas nunca incluír o texto de atribución en calquera traballo que leves a cabo empregando esa imaxe, deberás citar a fonte e inserir un vínculo ó autor das mesma.
En Flickr tamén podemos atopar tamén unha sección denominada "The Commons" que ten como obxectivo crear un banco de imaxes de dominio público de patrimonio universal.
http://www.flickr.com/commons/
Existen bos buscadores como Compfight, que nos aforrará moito tempo na tarefa de busca de imaxes en Flickr con licenza Creative Commons. Para iso debemos activar "Only" na opción de Creative Commons, para que unicamente nos mostre imaxes que se comparten con esta licenza, ou "Commercial", para obter imaxes que poidan usarse con fins comerciais.
http://compfight.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario