OpenOffice.org é unha suite ofimática -recompilación de programas utilizados en oficinas que serve para diferentes funcións- de
software libre e código aberto de distribución gratuíta. OpenOffice posúe as características normais de todo
procesador de texto,
folla de cálculo,
programa de presentacións,
debuxo vectorial e
base de datos similares ao Microsoft Office 2003, a suite ofimática de Microsoft e algunhas características adicionais. Le e escribe os documentos no seu formato nativo, que é ademas unha norma internacional ISO OpenDocument, co que é doado o intercambio de documentos con moitos outros programas, e pode ser utilizado sen custo ningún. Está dispoñible para moitas plataformas como Microsoft Windows e sistemas de tipo Unix como GNU/Linux, BSD, Solaris e Mac OS X. OpenOffice está pensado para ser altamente compatible con Microsoft Office, con quen compite.
Impress é o programa de presentación co que traballaremos en clase na práctica que estades a realizar actualmente, é similar a Microsoft PowerPoint ou Keynote de Apple. Pode exportar presentacións ao formato SWF, permitindo que se reproduza en calquera computadora cun reprodutor de Flash instalado. Tamén inclúe a capacidade de crear arquivos PDF, e a capacidade de ler arquivos de Microsoft PowerPoint (ppt). O seu formato orixinal é ODP.
Para descargar a última versión:
AquíAmplio e completo manual OpenOffice Impress:
Aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario